venres, 19 de xuño de 2020

DESPEDIDA

Ola a todos!!

Como sabedes hoxe remata o curso e quería despedirme de vós aínda que sexa virtualmente. 

A actividade que vos propuxen para este trimestre realizáchela moi ben e os videos que me enviáchedes encantáronme . Pensaba que ía estar ata o 30 de xuño no cole pero a profe Victoria xa volveu a traballar onte polo que a montaxe final dos videos xa non está na miña man. 

Sinto moito que non puidera dicirvos adeus en persoa e soamente dicirvos que foi un pracer compartir este curso con vós e que vos botarei moito de menos ❤.

Desexarvos todo o mellor e que desfrutedes moito do verán!

Un millón de apertas e bicos virtuais!!!




xoves, 21 de maio de 2020

RESULTADOS ENQUISA E DATA E HORARIO DA VIDEOCONFERENCIA


Ola rapaces,

Estiven revisando as vosas enquisas (98 realizadas) e xa temos horario para a videoconferencia.

Será o MARTES 26 DE MAIO e agora vos indico as horas por cursos:

  • 11.00 - 12.00:  1º e 2º 
  • 12.00 - 13.00: 3º e 4º 
  • 13.00 - 14.00: 5º e 6º 
A plataforma utilizada para a videoconferencia será por GOOGLE MEET porque a plataforma WEBEX estaba dando problemas.

Para que vos poida enviar a invitación necesito que me ENVIEDES O VOSO CORREO DE GMAIL (IMPORTANTE!!) indicando nome, apelido e curso a  todosairabenvideo@gmail.com 

  • A DATA LÍMITE PARA ENVIAR O VOSO CORREO É O LUNS 25 DE MAIO ÁS 15.00.

OLLO! É necesario ter unha conta de GOOGLE (GMAIL) para poder acceder. Se non a tedes, faise de xeito sinxelo e moi rápido:

https://accounts.google.com/signup/v2/webcreateaccount?flowName=GlifWebSignIn&flowEntry=SignUp

Despois soamente é clicar no enlace da invitación que vos envie e listo!

Aquí vos deixo os resultados da enquisa por se queredes botarlle un ollo. 








martes, 19 de maio de 2020

PARTITURA CO NOME DAS NOTAS E DATA LIMITE PARA REALIZAR A ENQUISA

Ola chicos!

Hoxe tráivos un pequeno agasallo: a partitura co nome das notas!

Fágoo para facilitarvos o traballo e para que comprobedes que estivechedes practicando a canción coas notas que correspondían.





OLLO! Mañá á mañá ás 12.00 rematará o prazo para realizar a enquisa e direivos a data, hora e plataforma pola que realizaremos a videoconferencia. 

Moitas grazas e biquiños para todos :)





venres, 15 de maio de 2020

TODO SAIRÁ BEN NA TV E NA RADIO

Ola rapaces!

O noso videoclip saiu na TV e tamén na radio onde me fixeron unha entrevista sobre o mesmo.

Aquí vos deixo o video e o audio por se queredes botarlle unha ollada!








Espero que vos guste! 

Apertas :)

ENQUISA PARA VIDEOCONFERENCIA :)


Bos días,

Que tal estades? Espero que todo ben :)

Gustaríame preguntarvos unhas cousiñas relacionadas coa realización dunha videoconferencia e, por iso, vos deixo esta enquisa.

Bicos!!


xoves, 7 de maio de 2020

ACTIVIDADE DE AVALIACIÓN DO 3º TRIMESTRE


Bos días! J

Hoxe vouvos a propoñer a ÚNICA actividade deste terceiro trimestre que necesito que me enviedes para avaliarvos. Antes de todo, dicirvos que soamente o feito de enviala terá unha valoración positiva e só será tida en conta para subir a nota final.  

En que consiste? Pois trátase dun PROXECTO GLOBAL no que imos a traballar non soamente a música, senón tamén a lingua galega, os valores e a educación física.

A nosa canción Todo sairá ben será o eixe fundamental xa que teredes que aprendela cantando, bailando e/ou tocando e, a continuación,  explicareivos por cursos o que tedes que facer exactamente:

  • 1º e 2º: gravarse cantando a canción e engadir algún xesto de expresión corporal que  acompañe mentres cantedes.
  • 3º e 4º: gravarse cantando a canción e realizar unha coreografía sinxela. E sería perfecto se intentárades tocar coa frauta ou outro instrumento melódico que tiverades na casa algún fragmento curto da canción.
  • 5º e 6º: gravarse cantando ou tocando coa frauta ou outro instrumento melódico a canción. Se se fai cantando tense que engadir unha coreografía.

*Se vos decidides pola frauta non aprendades a parte que aparece entre paréntese en vermello (ten o do#).

No caso de ter irmáns na casa podédesvos gravar xuntos e realizar a actividade de maneira conxunta.


ATENCIÓN! Vouvos a deixar o audio da parte instrumental da canción para que así poidades cantar e tocar a melodía coma se fora un karaoke.

  • ASÍ SERÁ COMO TEREDES QUE GRAVARVOS : coa parte instrumental de fondo e cantando/tocando vós sobre esta base instrumental. 
Para aprender a canción recoméndase escoitala:

1º Enteira.

2º  Por seccións. Por exemplo:  primeira estrofa e repetir; logo segunda estrofa e repetir; despois ámbalas dúas xuntas; e así sucesivamente.

3º Coa canción orixinal e cantando/tocando á vez.

4º Só coa parte instrumental e cantando/tocando á vez.


Aquí tedes a letra da canción, a partitura, a canción mesma no videoclip e a parte instrumental:












TEDES ATA O DÍA 1 DE XUÑO PARA ENVIAR O VOSO VÍDEO!! Así que aínda tedes tempo para ensaiala e que vos saia perfecta ;)

Recordade que SÓ TERÁ VALORACIÓN POSITIVA así que animádevos a mellorar as vosas notas.

O VÍDEO TERÁ QUE SER EN HORIZONTAL e, por favor, cando o enviedes nomeade o vídeo co voso NOME E APELIDOS.

Cos vídeos enviados poderíamos facer un VIDEOCLIP para final de curso pero no que vos sexades os PROTAGONISTA ÚNICOS coa vosa voz e instrumentos. Se algún non quere saír nese videoclip final, por favor, que o indique cando envíe o seu vídeo.

Todos os vídeos e posible dúbidas acerca da actividade poderanse ENVIAR AO seguinte CORREO creado exclusivamente para a realización deste proxecto:

todosairabenvideo@gmail.com

Como seguramente o ARQUIVO PESE MOITO podedes utilizar GOOGLE DRIVE ou a plataforma WETRANSFER que é moi sinxela. Déixovos aquí o enlace por se non a coñecedes:

https://wetransfer.com/

Espero que vos guste a canción e desfrutedes moito aprendéndoa :)

Unha aperta!





luns, 4 de maio de 2020

O NOSO VIDEOCLIP SAE NO XORNAL FARO DE VIGO :)

Ola a todos!!

Hoxe temos a honra de que o Faro de Vigo se faga eco do noso Videoclip!!!

Déixovos o enlace:

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2020/05/04/ceip-emilia-pardo-bazan-lanza/2283656.html



Por certo, como ides coa páxina que vos recomendei na anterior publicación?

Contádeme a vosa experiencia, por favor! Porque se esta non vos convence, podo buscar outras ou enviar algunha ficha.

Biquiño :)

DESPEDIDA

Ola a todos!! Como sabedes hoxe remata o curso e quería despedirme de vós aínda que sexa virtualmente.  A actividade que vos propuxen...