xoves, 30 de abril de 2020

APRENDO MÚSICA COAS TIC: Repasamos as notas musicais para todos os cursos!

Ola rapaces!

Antes de nada, como xa saberedes, xa temos dispoñible o noso videoclip en Youtube e quería darvos as grazas pola gran participación e apoio neste proxecto tan chulo!



Por outra banda, hoxe imos a facer un repaso das notas musicais para os diferentes cursos.


Tamén tedes aquí o mural que tiñamos na clase das notas musicais con cores:


Para 1º e 2º, temos esta canción, que lles gusta moito e lles parece moi divertida, que xoga coas notas musicais, as vogais e as rimas.




E para todos os cursos, descubrín esta páxina que se chama aprendo música con las TIC e que está moi ben. Aínda que hoxe quero centrarme no repaso das notas e que atoparedes no enlace que vos deixo máis abaixo, esta páxina ten xogos de audición, ritmo, memory de instrumentos, trivial... en definitiva, unha gozada! E ademais por niveis de dificultade para que cada un comece onde considere. Todas son actividades interactivas que poden facer dende o ordenador, tablet ou teléfono móbil.



Para os que ides a escolas de música e conservatorios e queredes xogos un pouco máis complicados atoparédelos no nivel avanzado:


Xa me ides dicindo se vos é de utilidade esta páxina e se entendedes os xogos.

Se tedes calquera pregunta non dubidedes en escribirme. Déixovos aquí o meu correo por se algún non o ten:

elsamunizhermo1@edu.xunta.es

Biquiños!





luns, 27 de abril de 2020

Ritmo con vasos!

Ola rapaces! Que tal estades?

Antes de nada, quero agradecervos todos os videos que enviáchedes para o videoclip. Foron fantásticos e alegreime moito de vervos tan ben nas vosas casas. Nuns días poderemos compartir convosco o resultado :)

Como xa vos pasei algunha ficha con ritmos, hoxe imos practicar un pouquiño e propóñovos un xogo musical de ritmo con vasos: aprender o ritmo da canción de Paula Rojo "Cups".  Aquí tedes a canción e máis abaixo déixovos un tutorial de como realizalo. Xa me ides dicindo se vos gusta a canción e se sodes capaces de conseguir facer ese ritmo ;)








Animádevos que é moi divertido!

Unha aperta :)



xoves, 23 de abril de 2020

Adiantamos a praza de entrega do VIDEOCLIP!

Bos días!

Como xa vos informarían, o prazo de entrega do voso videoclip remata hoxe ás 15.00. Sentimos moito este cambio de datas pero gustaríanos participar con este videoclip feito por todos nun concurso da TVG para crear a banda sonora deste confinamento.

Animádevos todos a participar que aínda quedan unhas horiñas :)

Unha aperta xigante.

luns, 20 de abril de 2020

O NOSO VIDEOCLIP :) TODO SAIRÁ BEN!

Ola a todos! Espero que esteades todos moi ben. Sinto non terme comunicado con vós antes pero tiven un pequeno problema co meu ordenador. :(

Como xa sabedes, cos poemas que creamos entre todos para o Día da Poesía, actividade que propuxeron dende o Equipo de Biblioteca do noso colexio, compuxen unha pequena canción. O resultado, por se alguén non o viu aínda, tédelo aquí:

https://soundcloud.com/user-813378650-809069199/todo-saira-ben


O que pretendemos con isto é crear un VIDEOCLIP no que vós sexades os protagonistas! Non fan falta máis de 30 segundos ou incluso menos, onde se vos vexa facendo playback, bailando ou facendo o que máis vos guste ao ritmo da música. Xa nos estades enviando cousas marabillosas que nos están encantando pero gustaríanos que vos animarades todos :)

O email ao que tedes que enviar o video é ao do equipo de biblioteca do cole: chouzovigo@gmail.com

Déixovos aquí a letra da canción por se vos apetece cantala coa vosa familia:





E tamén a partitura para frauta, xilófono ou outro instrumento melódico que teñades na casa.







Ademais, tedes os acordes que toco co ukelele por se algún familiar se atreve a acompañar.

Esperamos que vos guste e que nos enviedes moitos videos!

OLLO! O venres será a data límite para envialos.

Moito ánimo e recordade: Todo sairá ben ;)

Un biquiño.

mércores, 1 de abril de 2020

Chegou a primavera! :)

Bos días rapaces!

Como xa chegou a primavera, hoxe tráiovos unha peza clásica que coñecedes seguro: A primavera de Vivaldi, que forma parte da obra As catro estacións.

Pero sabedes algo de Vivaldi? Déixovos este conto para os máis pequenos.




A partir de 3º, tedes este video que nos explica dun xeito ameno a vida de Vivaldi.




E aquí vos deixo a audición, tedes a versión de Disney que seguro que lles gusta aos máis peques e un musicograma para seguir a audición:






Ao rematar a audición podemos preguntarlles que instrumentos soaban e comprobalo logo con este video:



Xa me ides contando que tal!

Biquiños :)