Como non tivemos tempo para levar os libros para a casa, fixen unha ficha na que podedes ver as figuras musicais cos seus silencios correspondentes. Podedes descargala e practicar a escribir cada unha co seu silencio no oco correspondente.
Ademais, déixovos aquí unhas fichas para os máis pequenos (1º e 2º) nas que teñen que distinguir as diferentes figuras musicais.
Xa me ides contando se tedes algunha dúbida.
Mañá dedicarei unha entrada a poñer en práctica estas figuras con diferentes ritmos.
Biquiños!
Ningún comentario:
Publicar un comentario