Ola rapaces! Que tal estades?
Antes de nada, quero agradecervos todos os videos que enviáchedes para o videoclip. Foron fantásticos e alegreime moito de vervos tan ben nas vosas casas. Nuns días poderemos compartir convosco o resultado :)
Como xa vos pasei algunha ficha con ritmos, hoxe imos practicar un pouquiño e propóñovos un xogo musical de ritmo con vasos: aprender o ritmo da canción de Paula Rojo "Cups". Aquí tedes a canción e máis abaixo déixovos un tutorial de como realizalo. Xa me ides dicindo se vos gusta a canción e se sodes capaces de conseguir facer ese ritmo ;)
Animádevos que é moi divertido!
Unha aperta :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario