Bos
días! J
Hoxe
vouvos a propoñer a ÚNICA actividade deste terceiro trimestre que necesito que
me enviedes para avaliarvos. Antes de todo, dicirvos que soamente o feito de
enviala terá unha valoración positiva e só será tida en conta para subir a nota
final.
En que
consiste? Pois trátase dun PROXECTO GLOBAL no que imos a traballar non soamente
a música, senón tamén a lingua galega, os valores e a educación física.
A nosa
canción Todo sairá ben será o eixe
fundamental xa que teredes que aprendela cantando, bailando e/ou tocando e, a
continuación, explicareivos por cursos o
que tedes que facer exactamente:
- 1º e 2º: gravarse cantando a canción e engadir algún xesto de expresión corporal que acompañe mentres cantedes.
- 3º e 4º: gravarse cantando a canción e realizar unha coreografía sinxela. E sería perfecto se intentárades tocar coa frauta ou outro instrumento melódico que tiverades na casa algún fragmento curto da canción.
- 5º e 6º: gravarse cantando ou tocando coa frauta ou outro instrumento melódico a canción. Se se fai cantando tense que engadir unha coreografía.
*Se vos
decidides pola frauta non aprendades a parte que aparece entre paréntese en
vermello (ten o do#).
No caso
de ter irmáns na casa podédesvos gravar xuntos e realizar a actividade de
maneira conxunta.
ATENCIÓN!
Vouvos a deixar o audio da parte instrumental da canción para que así poidades
cantar e tocar a melodía coma se fora un karaoke.
- ASÍ SERÁ COMO TEREDES QUE GRAVARVOS : coa parte instrumental de fondo e cantando/tocando vós sobre esta
base instrumental.
Para
aprender a canción recoméndase escoitala:
1º Enteira.
2º Por seccións.
Por exemplo: primeira estrofa e repetir;
logo segunda estrofa e repetir; despois ámbalas dúas xuntas; e así
sucesivamente.
3º Coa canción orixinal e cantando/tocando á vez.
4º Só coa parte instrumental e cantando/tocando á vez.
Aquí
tedes a letra da canción, a partitura, a canción mesma no videoclip e a parte
instrumental:
TEDES ATA O DÍA 1 DE XUÑO PARA ENVIAR O VOSO VÍDEO!! Así que aínda tedes tempo para ensaiala e que vos saia perfecta ;)
Recordade
que SÓ TERÁ VALORACIÓN POSITIVA así que animádevos a mellorar as vosas notas.
O VÍDEO
TERÁ QUE SER EN HORIZONTAL e, por favor, cando o enviedes nomeade o vídeo
co voso NOME E APELIDOS.
Cos
vídeos enviados poderíamos facer un VIDEOCLIP para final de curso pero no que
vos sexades os PROTAGONISTA ÚNICOS coa vosa voz e instrumentos. Se algún non
quere saír nese videoclip final, por favor, que o indique cando envíe o seu
vídeo.
Todos os vídeos e posible dúbidas acerca da actividade poderanse ENVIAR AO seguinte CORREO creado exclusivamente para a realización deste proxecto:
todosairabenvideo@gmail.com
Como seguramente o ARQUIVO PESE MOITO podedes utilizar GOOGLE DRIVE ou a plataforma WETRANSFER que é moi sinxela. Déixovos aquí o enlace por se non a coñecedes:
https://wetransfer.com/
Espero que vos guste a canción e desfrutedes moito aprendéndoa :)
Unha aperta!
Como seguramente o ARQUIVO PESE MOITO podedes utilizar GOOGLE DRIVE ou a plataforma WETRANSFER que é moi sinxela. Déixovos aquí o enlace por se non a coñecedes:
https://wetransfer.com/
Espero que vos guste a canción e desfrutedes moito aprendéndoa :)
Unha aperta!
Hacemos toda la canción o solo un cacho
ResponderEliminarOla, Rocío:
EliminarSi, é toda a canción (non é moi longa). Anímovos a intentalo e se non podedes, enviade o que poidades.
Non sabemos tocar o re alto coa flauta, podías grabalo coa flauta para que o poidamos sacar? Grazas, familia Nuno, Lía e Teo Salgueiro Piñón
ResponderEliminar